Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 17/06/2017 . A Selección Galega feminina acada un fantástico subcampionato Nacional

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
17/06/2017 . A Selección Galega feminina acada un fantástico subcampionato Nacional

A Selección Galega acadaría unha magnífica quinta posición no Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se desenvolvería en Ciudad Real e na que o combinado autonomico quedaría  a menos de seis puntos do podium. Con este resultado Galicia millora a sétima posición acadada na edición do ano pasado e na que un formidable equipo feminino lograría  a segunda posición "oficiosa" da súa categoría.

A nivel de resultados e na categoría masculina,  destacarían a primeira posición de Alfonso Palomanes en Triple quen se imporía a todos os seus riváis para chegar ata os nada menos que 16.10 m.  no seu segundo intento.Frank Casañas, sempre comprometido ca selección, con 55.80 m. cedería tan só ante Lois Maikel Martínez o mesmo que  Carlos Revuelta, segundo en martelo con 60.45 m.

Si esto acontecía co equipo masculino,  unha competitiva selección feminina amosaría todo o seu potencial  no que sen lugar a dúbidas o reforzo da colosal Nediam Vargas quen se imporía tanto nos 100 m.l. coma nos 200 m. con 11.38 e 23.07 (mínima mundial), contribuiría decididamente a este excelente resultado. Xunto elaSolange Pereira faría o propio nos 1500 m. acadando o trunfo cun rexistro de 4.37.77. Leticia Gil chegaría ata os 6.01 m. gañando por un só centimetro no seu último salto e sumando una nova victoria para a Selección. Destacadas tamén foron Saleta Fernández segunda en altura  con 1.78 m., mesma posición para Ana Peleteiroen Triple con 12.93 m. e Belén Toimil en peso con 15.81 m.  Claudia Rojo acabaría terceira nos 400 m.v. con 1.00.64; excepcional comportamento de Felicia Tildea na xavilina quen acadaría a terceira posición con 44.86 m.

 En outro orden de cousas salientamos o récord galego absoluto do equipo de relevos 4x100 que marcaría un rexistro de 40.94 millorando os 41.43 do Riazor Coruña.  Raquel Meaños sería outra das atletas que establecería unha nova plusmarca galega, neste caso xuvenil,  nos 800 m.l. con 2.08.97 millorando os 2.09.09 que ela mesma tiña dende o 10 de maio.

RESULTADOS