Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 18/06/2017 . Nove medallas para a Selección Galega Cadete no seu nacional de Lorca

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
18/06/2017 . Nove medallas para a Selección Galega Cadete no seu nacional de Lorca

Desenvolveríase esta fin de semana en Lorca o Campionato de España de Seleccións Autonómicas da categoría cadete na que a nosa comunidade lograría un total de nove medallas (un ouro, cinco pratas e tres bronces)

Na categoría masculina actuación destacada dos nosos atletas nas probas de medio fondo e fondo na que contariamos cas pratas de  Carlos Alvarez nos 600 m. con 1.24.67,   Said Abdoun nos 1000 m. con 2.34.69 rematando ca mesma meritoria posición para El Medhi El Nabauoi nos 3000 m.l. con 9.15.68. (incurso en pleno Ramadam)

No concurso de altura Carlos Cortizo con 1.84 acadaría o bronce nunha proba gañada con 1.98

Na categoría feminina Irene Gómez de novo daría mostras do seu talento impoñéndose por tan só dous centimetros  no seu último lanzamento de martelo chegando ata os 53.37. De novo o podium da marcha e da xavalina estarían presentes atletas galegas cas pratas de Ana Piñeiro nos 3000 m. marcha con 15.04.21 asi como a de María Pena con 37.96 no concurso de lanzamento.

Nas probas de medio fondo e fondo é o igual que acontecera co equipo masculino, destacada actuación das representantes galegas quenes colleitarían os bronces nas probas de 1000 m.l. a cargo de  Paula de La Torrecon 3.05.16 e de Sara Lima nos 3000 m.l. nunha emocioante chegada con 11.00.10

RESULTADOS