Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 11/05/2017 . Vinte e dous Récords Autonómicos e tres Nacionáis, balance do mes de abril

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
11/05/2017 . Vinte e dous Récords Autonómicos e tres Nacionáis, balance do mes de abril

Durante o pasado mes de abril desenvolveríanse por toda a nosa comunidade un total de trinta e cinco probas oficiáis (vinte e cinco de pista e dez de ruta) que nos depararían a millora dun total de vinte e dous récords autonómicos e tres milloras nacionáis. O Campionato de Galicia de Milla que se desenvolvería no Concello de O Pino a principios do pasado mes, sería unha das probas que máis milloras autonómicas nos deixaría xa que se batirían nada menos que un total de seis plusmarcas galegas e dous récords nacionáis da man dos atletas do C.A. Sada María Luisa Armesto e Eduardo Pinedo. Salientable tamén a actuación de Raquel Lameiro do ADAS-Proinor quen no Campionato de Galicia de Clubes de Ferrol, batiría o récord de España da categoría veterán W-40 no concurso de triple salto.