Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 08/05/2017 . Récord Galego de Leticia Gil en lonxitude e nove medallas nos de España Universitarios

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
08/05/2017 . Récord Galego de Leticia Gil en lonxitude e nove medallas nos de España Universitarios

Desenvolveuse durante esta pasada fin de semana en Cartagena o Campionato de España Universitario de atletismo na que os nosos atletas acadarían un excelentes resultados para as súa  universidades.

A nova destacada do campionato sería a actuación deLeticia Gil (U. Complutense de Madrid) quen na proba de lonxitude chegaría no seu quinto intento ata os 6.20 m. o que representan un novo récord galego absoluto que milloran os 6.05 m. que ela misma tiña dende o pasado fin de semana  e que ademáis serviríanlle para proclamarse campiona de España Universitaria. Leticia Fernández pola súa banda, e defendendo a Universidade de Vigo, faríase co título nacional nos 1500 m. cun rexistro de  4.32.12. No sector de lanzamentos salientamos tamén o trunfo de Carlos Revuelta  (UNED) quen acadaría o campionato logo de mandar o martelo ata os 60.58 m. A prata deste mesmo concurso, correspondería para o representante da U. de Vigo  Sergio Paredes con 53.40 m. En  triple salto, novo metal para a Universidade de Vigo da man do Campión de España Alfonso Palomanes que conseguiría un bronce no concurso con 15.53 m. Mesmo metal para o alumno da UNEDSantiago Ferrer quen cun salto de 4.55 m. acadaría a praza de podium. No sector de velocidade Paula Iglesiasda Universidade da Coruña, colgariase a prata nos 400 m.l. con 56.30. Para rematar salientar as medallas de prata de Victor Gallego (U. Camilo Jose Cela) con 16.24 en peso e a de bronce en disco con 51.08.

O resto das actuacións dos nosos atletas quedaría da seguinte maneira: Universidader de Santiago: 4ª Mar Chillón nos 5 km. marcha con 24.06.37; 9ª Rosa María Manzano en triple con 11.17; 13º Ivan Manso-Pedrosa nos 3.000 m. Obstáculos con 10.10.39; 6º/1ª Smf. Fernando Vales nos 800 m. con 1.53.82; 11ª Alicia González en Peso con 9.84; 6º/2ª smf. Iago Núñez nos 110 m.v con  15.66; 6º Javier García nos 200 m.l. con 22.94; 5º Miguel Pérez nos 110 m.v. con 14.65; 5ª Teresa Rodríguez nons 100 m.v. con 15.87; 8º Javier García nos 100 m.l. con 11.28Univerisidade da Coruña: 6ª Paula Iglesias en Altura con 1.61 m.; 7ª Laura Chapela nos 200 m.l. con 26.50 e 6ª/2ª Smf. dos 100 ml. con 13.01; 4ª Antía Martínez nos 100 m.v. con 15.35; 5º Carlos Moro nos 400 m.v. con 53.58; 4º/2ªSmf. Denis Galán nos 100 m.l. con 11.48; 7º Javier Cancelas nos 100 m.l.con 11.23 Universidade de Vigo. 4º Miguel Cajaraville en Pértega con 4.50; 6º Ivo Maseda no 5.000 m.l. con 14.51.66; 5º Enrique Prego nos 400 m.l. con 49.51; 7º Pedro Juncal nos 400 m.l. con 50.24. Outras universidades: Marcos Cintrón descalificado na proba de 10 km. marcha