Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 06/05/2017 . Gimnástica, C. A. Santiago e A.F. Celta protagonistas no Galego Cadete e Junior de clubs

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
06/05/2017 . Gimnástica, C. A. Santiago e A.F. Celta protagonistas no Galego Cadete e Junior de clubs

Na xornada de hoxe as Pistas lucenses do Estadio Gregorio Perez Rivera deron acollida ó Campionato de Galicia Cadete e Junior de Aire libre na que tomaron parte un importante número de atletas e clubes na procura deste importante título colectivo.

En canto a resultados salientar o dominio na categoría cadete do equipo pontevedrés da Gimnástica quen se imporía tanto en homes coma en mulleres estando compañado no podium masculino polos equipos do Lucus Caixa Rural Galega e Real Clube Celta así como pola Agrupación Viguesa de Atletismo e polo Lucus Caixa Rural Galega na feminina.

Na categoria Junior o trunfo feminino correspondería  para as viguesas do A.F. Celta sendo o conxunto do RIA-CCA o segundo clasificado correspondendo a terceira posición para a Gimnástica. Para rematar, e na categoría junior masculina,  o Clube Atletismo Santiago proclamaríase campión galego por diante do Lucus Caixa Rural Galega e do Real Clube Celta, segundo e terceiro respectivamente.

As probas que discurriron en dobre xornada, foron retrasmitidas en directo por streaming poidendo ser presenciadas en tempo real por todos aqueles que quixeron seguir este encontro.