Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 02/05/2017 . O III Campionato de Galicia de Trial, un reto para amantes da natureza

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
02/05/2017 . O III Campionato de Galicia de Trial, un reto para amantes da natureza

O III Campionato de Galicia de Trail desenvolverase o vindeiro domingo dia 7 de maio en A Pobra do Caramiñal (A Curota)  coincidindo ca disputa do Circuito Trail Galaica 2017 que xunta a un total de seis probas que se disputan polos concellos de Ames, Muros, A Pobra, Baña, Borborás e Ribeira  Sacra.

Con esta xa son tres as edicións na que se ven desnenvolvendo este campionato que cada vez conta con máis adeptos e no que pouco a pouco está a contar con máis demanda habida conta das variables que ofrece tanto nos distintos percorridos coma sobre todo nas sensacións que produce misturar aventura, deporte e reto.

Para todas aquelas interesadas en tomar parte no Campionato lembramos que  se amplía o prazo de inscripcións ata o mércores dia 3 as 22.00 horas