Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 30/04/2017 . Principiaron os equipos galegos no Campionato Nacional de Clubs

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
30/04/2017 . Principiaron os equipos galegos no Campionato Nacional de Clubs

Este sábado daría comezo a compitición por excelencia de clubes, ca disputa da primeira xornada da Liga Nacional a que concurren nada menos que cinco clubes galegos.

Na división de honra feminina o campión galego, RIA Ferrol- Concepción Arenal comezaría a súa participación acadando un cuarto lugar no seu cadrangular desenvolto en Donosti cun total de 132,5 puntos e que sería gañado polo Valencia Esports un dos claros favoritos o título. Destacaría por parte das ferrolanas o trunfo de Paulette Natacha Fernández na proba dos 400 m.v..

Pola súa banda na División de Honra masculina, a Sociedad Gimnástica reforzado pola súa recente victoria no Campionato Galageo de clubs,  desprazaríase ata Madrid para enfrontarse ó A.D. Marathon, Unicaja Atletismo e Atletismo Salamanca. O remate os da Gimnástica non poideron acadar unha das dúas primeiras posicións, téndose que conformar co terceiro lugar e na que o máis salientable serían os trunfos dos seus atletas Alberto Salcedo nos 200 m.l., Lysvanys Arlys Pérez no concurso de altura e Manuel Castellanos en xavalina.

Na primeira División feminina o Atletismo Feminino Celta viaxaría ata Cartagena para tomar parte no encontro A no que acabaría unha boa segunda posición cun total de 153 puntos que lle permiten seguir compitindo na loita polo ascenso a máxima categoría. O resto de equipos entre os que se atopa o Real Clube Celta en homes e Sociedad Gimnastica tomarán parte mañana domingo no grupo D no que compartirán esciario na localidade Alcorcón