Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 28/04/2017 . Dez atletas galegos entre os dez primeiros no Ranking Nacional Indoor

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
28/04/2017 . Dez atletas galegos entre os dez primeiros no Ranking Nacional Indoor

Un total de dez atletas galegos atópanse no top-ten do ranking nacional de pista cuberta que ben de pecharse recentemente. 

Na relación figuran as galegas Solange Pereira nos 1500 m.l. con 4.13.54 e Ana Peletiro en triple con 14.20 m. encabenzando o ranking nacional nas súas respectivas probas. Nestes postos altos da clasificación,  figuran do mesmo modo os nomes de Jean Marie Okuto, segundo no concurso de lonxitude con 7.84 ou mesmo a saltadora de AlturaSaleta Fernández quen cun rexistro de 1.82 m. aparece trala campiona olímpica Ruth Beitia. Belén Toimil en peso con 16.27 m. é outra das atletas que se encontra na segunda posición da táboa do ranking.

Por último nesas primeiras dez posicións atópanse de igual modo Adrián Ben 5º nos 1500 m. e 10º nos 3000 m.l., Carmela Cardama, 6ª nos 3000 m.,  asi como Leticia Gil e José Alfonso Palomanes quintos en lonxitude e triplo respectivamente. Para rematar Claudia Roja entra tamén na zona top-ten acadando a décima posición nas combinadas do Pentahlon.

LIDERES RANKING GALEGO