Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 27/04/2017 . A Liga Nacional de Clubes bota a andar esta fin semana

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
27/04/2017 . A Liga Nacional de Clubes bota a andar esta fin semana

O sabádo dia 29 de abril dará comezo a compitición por excelencia de clubes, ca disputa da primeira xornada da Liga Nacional a que concurren nada menos que cinco clubes galegos.

Na división de honra feminina o campion galego, RIA Ferrol- Concepción Arenal intentará comezar a súa andaina acadando un dos dos dous primeiros postos que da acceso a loita polo título, compitindo nas pistas do At. San Sebastián e na que xunto as locáis, enfrontaránse nun difícil cadrangular óValencia Esports e Super Amara BAT.

Pola súa banda na División de Honra masculina, aSociedad Gimnástica reforzado pola súa recente victoria no Campionato Galageo de clubs, desprazarase ata Madrid para enfrontarse ó A.D. Marathon, Unicaja Atletismo e Atletismo Salamanca tamén na procura dunha das dúas primeiras posicións do grupo.

Na primeira División masculina contamos ca representacion do Real Clube Celta que encadrado no grupo D compitirá o domingo en Alcorcón compartindo estadio e xornada xunto o equipo femino da Gimnástica de Pontevadra co que coincidirá. Por último a outra formación galega desta  categoría, o Atletismo Feminino Celtaterá que desprazarse ata as pistas de Cartagena onde compitira no grupo A