Del. SANTIAGO
TRAIL DE COMPOSTELA. INSCRÍBETE ATA ESTE XOVES
Escrito por FGA Santiago

O Noitebra F.C. de Santiago de Compostela organiza o II Trail de Compostela, coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela, baixo control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo
Lugar: A saída dos adultos darase ás 10:00 horas dende a Granxa do Xesto, no Monte Pedroso. Tamén se celebrarán carreiras escolares que terán lugar a partir das Percorrido: O trail transcorrerá por un circuíto mixto de camiños, pistas, corta-lumes e monte da contorna do Pedroso en Santiago de Compostela e Ames. Trátase dun percorrido duns 21,097 kilómetros, cun desnivel positivo acumulado duns 700 metros e 700 metros de desnivel negativo.
Inscrición: permanecerá aberta do 12 de febreiro ao xoves 10 de marzo ás 23:59 horas.
Recollida dos dorsais:Os dorsais do trail recolleranse de forma anticipada en Decathlon Santiago de Compostela (Rúa de Polonia, 2. Polígono da Costa Vella) nos seguintes horarios:
Venres día 11 de marzo: de 16:00 a 20:00 h.
Sábado día 12 de marzo: de 11:00 a 13:00 h. e de 16:00 a 20:00 h.
Tamén poderán ser recollidos o mesmo día da proba, a partir das 09:00 horas e ata as 9:45 horas no stand de Kalenji-Decathlon situado no lugar de saída (Granxa do Xesto). Non se entregarán dorsais do trail despois da hora límite (9:45 horas). Os dorsais das carreiras escolares recolleranse das 11:00 ás 12:00 horas no citado stand.
INSCRÍBETE e INFÓRMATE Aquí