Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web DELEGACIÓN FGA LUGO .- 11/12/2015 . I TROFEO NADAL VERXEL INDOOR

Del. LUGO

I TROFEO NADAL VERXEL INDOOR

O club Verxel Nutrición Deportiva organiza I Trofeo Nadal Verxel Indoor, oDOMINGO 20 de decembro, en xornada de mañá, en Lugo no Módulo Cuberto do Estadio Gregorio Pérez Rivera, coa colaboración da Delegación en Lugo da Federación Galega de Atletismo. A proba disputarase baixo o control técnico do Comité Galego de Xuices.

I Trofeo Nadal Verxel Indoor – Regulamento MODIFICADO

RESUMO REGULAMENTO

As inscripción terán un custo de 2€ por atleta.

As inscripcións faránse a través do sistema online da web da FGA(http://www.carreirasgalegas.com/carreira/trofeo-verxel/e0bfc580-9459-12e2-7e09-39d49edadd69) ata as 23:00 horas do mércores anterior a celebración das probas. As inscripcions realizadas fora de
prazo, cobrarase 5 € coa entrega do dorsal.

O acceso ao módulo será restrinxido, existindo cámara de chamadas. Os adestradores que queiran acceder, deberán enviar un e-mail aclubverxel@gmail.com antes do xoves 17 para recibir acreditación para o acceso as zonas habilitadas para eles.

Nas probas de velocidade indicarase a mellor marca. As series realizaranse agrupando os atletas por marcas, aqueles atletas que non indiquen mellor marca serán incluidos aleatoriamente no resto das series.

No salto de lonxitude, se o número de participantes é 14 ou menos faranse 3 saltos máis dous de mellora, se son máis de 14, todos os participantes farán 4 saltos. A táboa de batida estará situada a 3 m.

Ao gañador de cada final entregaráselle un agasallo. Tamén se lle entregará á mellor marca segundo a táboa da IAAF de toda a competición, unha en homes e outra en mulleres, por cortesía de Kyrocream, unha “Paletilla Ibérica”.