A Delegación en Lugo da Federación Galega de Atletismo, co patrocinio do Excmo. Concello de Lugo, organiza o vindeiro sábado 18 de abril en Lugo, en xornada de tarde, o XXXVIII Memorial Gregorio Pérez Rivera, a celebrar no Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo. A proba disputarase baixo o control técnico do Comité Galego de Xuices.

O nome deste Memorial é en honra dun dos grandes artífices do atletismo lucense moderno e que levou a éste a unha proxección nacional sobre todo na década dos 60, e está considerado a gran festa do atletismo en pista no ámbito provincial. Así clubes de toda a provincia e de toda a xeografía autonómica estarán presentes na que será a posta de largo dunha nova tempada de aire libre.

Como atletas locales destacados estarán presentes Manuel Uriz que fora campion de España no 2013 no lanzamento de xabalina un dos lucenses con maior proxección no panorama atlético nacional na proba, Paula Ferreiros e Miguel Pérez e tamén a monfortina Saleta Fernández, no que será o seu debut cos cores do F.C Barcelona nunha competición na capital do atletismo provincial.

Debido o alto número de inscritos, tivemos que modificar o horario, sendo o horario DEFINITIVO o seguinte:

XXXVIII – Memorial Gregorio Pérez Rivera – Horario – DEFINITIVO

Listado de inscritos e listas de saída:

 

Resultados en directo