Escrito por FGA Lugo
A Delegación en Lugo da Federación Galega de Atletismo, co patrocinio do Excmo. Concello de Lugo, organiza o vindeiro sábado 18 de abril en Lugo, en xornado de tarde, o XXXVIII Memorial Gregorio Pérez Rivera, a celebrar no Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo. A proba disputarase baixo o control técnico do Comité Galego de Xuices.
Regulamento e Horario – XXXVIII Memorial Gregorio Pérez Rivera – Lugo 28/04/2015
RESUMO REGULAMENTO
As inscripcións faránse a través do sistema online da web da RFEA (https://isis.rfea.es/sirfea2/) ata as 23:00 horas do martes anterior a celebración das probas. As inscripcions realizadas fora de prazo, cobrarase 5 € coa entrega do dorsal.
Nas probas de velocidade indicarase a mellor marca. As series realizaranse agrupando os atletas por marcas, aqueles atletas que non indiquen mellor marca serán incluidos aleatoriamente no resto das series. Pasarán a final dos 100 m.l. as 8 mellores marcas.
Cada atleta retirará o seu dorsal na secretaría da competición ata 60 minutos antes da saída de cada proba. Pasado este período non se admitirá a participación do atleta. Os artefactos para homologar recolleranse ata 60 minutos antes do inicio da proba.