Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

PRENSA: VOLTAARÍA.COM / Miércoles, 18 Marzo 2015 .- Venres de gala no Concello de Cabanas

 
 

Venres de gala no Concello de Cabanas

Aproveitando este mesmo acto tamén se procederá a entrega dos premios do IV Concurso de Fotografía Concello de Cabanas

Playa de Cabanas | eltiempo.esO Concello de Cabanas celebrará este próximo venres 20 de marzo a súa VII Gala da Cultura e do Deporte. Pensando na promoción do deporte e da cultura, continua esta gala conxunta na que se pretende premiar as figuras máis destacadas nestes dous ámbitos e que teñan unha vinculación con Cabanas. Logo de recibir por parte das diferentes asociacións e dos propios veciños de Cabanas as candidaturas para os galardóns, concedéronse dúas mencións especiais, unha para o ámbito da cultura e outra para o do deporte, así como dous premios de cultura e outros dous de deporte. A entrega dos galardóns así como a propia gala terá lugar no Salón de Plenos do Concello, a partires das 19:00 horas.

No ámbito da cultura, a mención especial recaerá en Emilio Balado Cordal, a quen ademais se lle fará entrega da distinción da Medalla de Ouro de Cabanas en recoñecemento a súa dilatada traxectoria, polos seus méritos humanos e profesionais ó servizo do Concello de Cabanas e a súa gran implicación con todo o municipio, e especialmente coa parroquia de Laraxe. Recibirá o primeiro premio de cultura Andrés Seijido Carballo, director do C.E.I.P. Eladia Mariño e cunha gran implicación no centro e co propio concello de Cabanas. O segundo premio de cultura será para José Luis Naveiras Fraga, artesán da madeira e que a día de hoxe é o único que en España fabrica artigos para o traballo da lá de maneira artesanal.

Pola súa banda, no ámbito do deporte a mención especial será para Joaquín Montero Gómez, destacado palista de Cabanas que no último campionato do Mundo de remo conseguiu un sexto posto no dobre scull sub 23 masculino e que este ano tamén recibiu a Carabela de Prata como mellor deportista ferrolán no ano 2014. O primeiro premio de deporte será para Nataliza Zapatero López, ximnasta do Club Acordes Pontedeume e que pese a súa corta idade xa participou en diferentes Campionatos de España acadando destacables resultados. O segundo premio do deporte será para Aldo Rey Gómez, que entre os seus últimos éxitos está o primeiro lugar logrado na Carreira de Cross de Ourense de 2015 e o primeiro posto conseguido no campionato galego por equipo de cross.