Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web DELEGACIÓN FGA LUGO .- 09/02/2015 . CAMPEONATO GALLEGO ABSOLUTO DE CROSS DE CAMPO A TRAVÉS

 
 

CAMPENATO GALLEGO ABSOLUTO DE CROSS DE CAMPO A TRAVÉS

O Campo de Aviación de Monforte de Lemos foi onte escenario dunha nova edición do Campeonato Galego Absoluto, Promesa e Junior de Cross, tanto individual como por equipos, e que tivo como grandes triunfadores os atletas Alejandro Fernández (3&Run By Pedro Nimo) e a Ester Navarrete (Atl. Femenino Celta), que se impuxeron con gran solvencia nas probas absolutas masculina e femenina respectivamente. O evento estivo organizado pola Delegación Lucense de Atletismo e o club local A Gándara de Monforte, en colaboración co concello da localidade.

Alejandro Fernández se proclamaba campeón galego nunha proba onde apenas tivo rival, distanciando nun minuto o xoven atleta Antonio Serrat (S.G. Pontevedra), que lograría proclamarse subcampeón galego absoluto. O tercer peldaño do pódium era para o ourensán Javier Paredes (Ourenrunning). O primer lucense en sobrepasar a liña de meta era Juan Pena (3&Run by Pedro Nimo), que acariciaba o pódium con un meritorio cuarto posto, mentras que Carlos Villamor firmaba a séptima posición. En canto a categoría femenina, Ester Navarrete dominaba con claridade a proba por diante da atleta afincada en Pontevedra Leticia Fernández (Ria Ferrol), mentras que a tercera plaza do pódium era a alteta Barca Toba (S.G. Pontevedra). Sharay Astariz (C.D. San Paio) era a primeira atleta lucense en entrar en liña de meta, o finalizar no posto 27. Polo que respecta a clasificación, victoria para o club santiagués 3&Run by Pedro NImo, por diante do Atletismo Sar de Santiago e de Atlhetics Soomy de Vigo. Na categoría femenina, título para o Comesaña Sporting Club, mentras que Ourenrunning e Atletismo Sar firmaban a segunda e terceira plaza respectivamente.

A matinal comenzaba ca proba das junior femenino, onde a internacional Carmela Cardama (Comesaña Sporting Club) lograba o título autonómico nun interesante duelo ca tamén internacional Uxía Pérez (Playas de Castellón). Ángela Fernández (Comesaña Sporting Club), lograba a terceria plaza nunha das probas de máis nivel da matinal monfortina. Por clubs, título para o Comesaña por diante do Atletismo Narón e do At. Femenino Celta.

Maior emotividade tivo a carreira dos junior masculinos, xa que na mesma chegaría o único pódium lucense. Ivo Maseda (Lugo Running Club) lograba proclamarse campeón galego de campo a través, despois dunhna carreira onde o pupilo de José Peña se fora en solitario dende a mitade da proba, demostrando un gran estado de forma. Ivo lograba a medalla de ouro por diante de Ero Doce (Ria Ferrol) e de Jorge Puig (S. G. de Pontevedra). Na clasificación de equipos, o Club Atletismo Santiago foi o vencedor, logrando o subcampeonato Atletismo Negreira.

Xa na categoría promesa femenino, a internacional Jenny Fernández (Atl. Femenino Celta) lograba un novo triunfo a seu palmarés, nunha proba onde Rocio Rodríguez (S.G. Pontevedra) era segunda e Eva Cid (Comesaña Sporting Club) terceira. Por clubs, triunfo para a S.G. Pontevedra e segundo posto para o At. Femenino Celta.

 

Por último, na categoría promesa masculino viu o triunfo do subcampeón galego absoluto, o xoven triatleta enrolado na S.G. de Pontevedra, Antonio Serrat. Antonio lograba imporse os atletas do R.C. Celta, David Santos e Gonzalo Basconcelos, que lograban a segunda e terceira plaza respectivamente. O Comesaña Sporting Club lograba a clasificación por clubs, por diante do C.D. San Paio de A Estrada