Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web DELEGACIÓN FGA LUGO .- 09/02/2015 . I CAMPEONATO GALEGO DE 60 ML E 60 MV

 
 

I CAMPEONATO GALEGO DE 60 ML E 60 MV

O Módulo de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera foi escenario do I Campeonato Galego de 60 metros lisos e 60 metros valos, unha competición inédita e que albergaba na ciudade de Lugo os mellores velocistas autonómicos nesta espectacular disciplina atlética. O evento estivo organizado pola Delegación Lucense de Atletismo en colaboración co Concello de Lugo.

Na proba dos 60 metros lisos, o gran triunfador foi o coruñés Denis Galán (Coruña Comarca), que cunha marca de 6.92 segundos proclamabase campeón galego de 60 metros lisos, realizando ademáis a mellor marca galega da tempada. Acompañábano no pódium o seu compañeiro de entrenamiento Javier Cancela (Atletismo Narón), que lograba o subcampeonato cun rexistro de 7.03 segundos, mentras que o tercer escalafón do pódium iba a parar a Francisco Rodríguez (Riazor Coruña) cun crono de 7.17 segundos.

Na proba femenina, a victoria foi para a velocista Teresa Rodríguez, atleta coruñesa enrolada no CA Valladolid, que lograba o título de campeona galega cunhna marca de 7.95, mentras que a xovencísima Claudia Torres (Atletismo Cuntis) lograba a medalla de plata cunha marca de 7.99, un excepcional rexistro para unha atleta da categoría cadete. Por último, Miriam Otero (Atletismo Narón), lograba a medalla de bronce cun rexistro de 8.00 sg.

Polo que se refiere a proba dos 60 metros valos, dominio dos atletas locaies, o lograr Miguel Pérez (Lucus Caixa Rural) proclamarse campeón gallego da especialidade cunha marca de 8.53 segundos, por diante do seu compañeiro de entrenamientos Iago Nuñez (Lucus Caixa Rural), que conquistaba o subcampeonato galego cun tempo de 8.65 sg. Dase a circunstancia de que ambos atletas están entrenados polo actual delegado federativo de atletismo en Lugo, Pablo Gandoy. O tercer peldaño do pódium foi a parar o atleta Carlos Iglesias (Atletismo Santiago), que cun crono de 8.99 lograba a medalla de bronce.

Na categoría femenina, victoria de novo da atleta Teresa Rodríguez (CA Valladolid), que se convertía na raiña do campeonato, o lograr o doblete, gañando tamén a velocidad valada cunha marca de 9.13 sg. A medalla de prata era Enma Valencia (At. Femenino Celta) cun tempo de 9.26 sg, mentras que Paula Martínez (At. Vila de Cangas) lograba a tercera posición.

 

RESULTADOS COMPLETOS