Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 12/01/2015 . Campionato de Galicia de Clubes Probas Combinadas e Campionato de Galicia Heptathlón / Pentathlón Veterán

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Campionato de Galicia de Clubes Probas Combinadas e Campionato de Galicia Heptathlón / Pentathlón Veterán
Celebrouse no módulo e pistas do Gregorio Pérez de Rivera de Lugo o Campionato de Galicia de Clubes de Probas Combinadas e Campionato de Galicia de Heptathlón e Pentathlón veterán. En homes venceu a Sociedade Gimnástica de Pontevedra seguida do R.C. Celta e a Agrupación Viguesa de Atletismo mentres que en mulleres foi o xovencisimo equipos do AVA o vencedor. Completaron o podium o Atlética A Silva e a Sociedade Gimnástica de Pontevedra. Individualmente, os mellores foron Anxo Breogán (AVA) en cadete, Brandán Candal (C.A. Santiago) en xuvenil, Darío Costas (SGP) en junior, Santi Ferrer (SGP) absoluto e Gabriel Lorenzo (Atletismo Morrazo), José Luis Domínguez (R.C. Celta) e Francisco Quintás (SGP) en veterán M-35, M45 e M50 respectivamente. Nas mulleres as millores foron Silvia Dorila (RIA) en cadete, Andrea González (C.A. Santiago) en xuvenil, Sandra Carballo (SGP) absoluta e Mónica Yañez (ADAS), Lucía Doval (Atlética Silva), María Rosario Sureda (ADAS), María de los Angeles Rodríguez (Atlética A Silva) en veterán W-35, W-40, W-50 e W-55. Asemade, celebrouse probas de control de 60m e 60m valado con alta participación destacando o rexistro de Denis Galán do Coruña Comarca con 6.98 e os 7.55 do marinense Jean Marie Okutu nos seu quinto salto.
Salientar, tamén, a participación de atletas galegos no Campeonato do Norte de Portugal. Solange Pereira e Leticia Fernández foron primeira e segunda nos 1500 con 4.23.16 e 4.24.93 A tudense correu tamén os 800m  vencendo con 20.13.23.