Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 04/01/2015 . 1ª xornada da serie municipal: Éxito da matinal de atletismo en pista

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
04/01/2015 . 1ª xornada da serie municipal: Éxito da matinal de atletismo en pista
O atletismo volveu a Balaídos con éxito de público e participación na 1ª xornada invernal da serie municipal, nunha mañá fría e soleada. As 330 participacións igualan o rexistro do ano pasado e garanten a continuidade. Entre os atletas, mestura de caras coñecidas e futuro, cun gran traballo de canteira, de procedencia diversa. Por probas, a emoción púxoa o 800 m, en homes e mulleres, con duelos na cabeza de carreira e un gran nivel, lográndose media ducia de mínimos nacionais. Por número, abafadoras as series de 200 m (9) e 300 m (9), ademais do 3000 m masculino. 
Mínimos nacionais: 
Absolutas: Jenny Fernández (CAFC), 800 m. Leticia Fernández (Ría) 3000 m 
Promesa: Jenny Fernández (CAFC) 800 m; Eva Cid(Comesaña SC), 800 m; Orballo Rodríguez(SGP) 800 m; Gonzalo Basconcelo(RCCV), 800 m 
Júnior: Ángela González (CSC), 800 m; Fernando Vales (At. Santiago), 800 m; Uxía Pérez(P. Castelló), 3000 m; Pablo Castro(Vila Cangas), peso  - Resultados
Flor Currás