Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

PRENSA: VOLTAARÍA.COM / Viernes, 26 Diciembre 2014 .- Este domingo Carreira Fin de Ano

 
 
 
Este domingo Carreira Fin de Ano
Viernes, 26 Diciembre 2014 11:44
Prensa Concello de Ares
Esta actividade, para a que hai preto de 400 persoas apuntadas, está organizada de forma conxunta polos Concellos de Ares e Mugardos
Carrera de San Silvestre en Mugardos | ArchivoAs áreas de Deporte dos Concellos de Ares e Mugardos organizan un ano máis a Carreira Popular de Fin de Ano, que se desenvolverá este domingo, día 28, e que chega á súa décima edición. A cita comezará ás 11.00 horas e sairá e rematará nesta ocasión do pavillón municipal de Ares. En total, serán dez quilómetros nos que os corredores, como cada ano chegados de tódolos puntos de Galicia e incluso de fóra, compaxinarán o deporte e o carácter festivo da carreira.
Debido ao carácter popular da proba, non haberá clasificación por categorías nin trofeos para os vencedores, senón que ao remate da carreira haberá un sorteo de diferentes agasallos e cestas de Nadal entre os participantes.
Pero tampouco hai que esquecer que se trata dunha carreira integrada dentro do calendario de probas populares da Federación Galega, que conta cunha cronometraxe similar á dunha proba oficial. Polo tanto, a proba deportiva conta con todos os ingredientes para xuntar aos case 400 corredores e corredoras maiores de catorce anos que tomarán parte na mesma.
Tanto na chegada, disposta na pista exterior anexa ao pavillón polideportivo de Ares, como no transcurso da proba na zona de Mugardos, ubicarase un punto de avituallamento sólido e líquido para os parcipantes.
Para esta actividade, os Concellos contan coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, e co patrocinio de Gadisa e Cocacola Iberian Partners (a través das súas marcas comerciais Aquabona e Aquarius).
Ademais, tanto as Policías Locais dos Concellos de Ares e de Mugardos, como as Agrupación de Voluntarios/as de Protección Civil de ambos concellos, porán en marcha un dispositivo de tráfico e control das vías polas que discorre o evento, co obxectivo de preservar a serguridade e control da proba.
Exhibición de danza
Seguindo coa programación de actos culturais e deportivos co gallo das festas do Nadal, os Concellos de Ares e Mugardos informan de que mañá terá lugar no pavillón deportivo municipal de Mugardos unha exhibición de danza, baile moderno e ximnasia rítmica, a cargo dos alumnos e alumnas das Escolas Municipais de ambos Concellos. A cita dará comezo ás 17.00 horas e está pensada para a participación de toda a familia.