Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

PRENSA: VOLTAARÍA.COM / Jueves, 11 Diciembre 2014 .- Gran participación no Adolfo Ros

 

Gran participación no Adolfo Ros

Esta media maratón comezará ás 10:00 horas na Praza de España

Carrera de San Silvestre en Mugardos | ArchivoMáis de 1.200 persoas participarán este domingo, día 14, na XXIX Carreira Popular “Memorial Adolfo Ros” que este ano ten como punto de saída e chegada a cidade ferrolán. Esta media maratón sairá ás 10:00 horas da Praza de España e descorrerá por diferentes concellos veciños.

Nesta vixésimo novena edición, os participantes percorrerán 21,097 quilómetros dando a volta á ría nunha carreira que descorrerá polos municipios de Ferrol, Neda, Fene e Narón. Posteriormente á saída da categoría absoluta, terá lugar a das categorías menores coa distancia dun quilómetro para os benxamíns, e dous para alevín e infantil. Así mesmo, as categorías de cadetes e xuvenís, percorrerá catro quilómetros a partir das 09:30 horas.

Ademais, e como novidade desta edición, realizarase de maneira paralela un máster de zumba e body combat na superficie da Praza de España. Esta actividade dará comezo ás 11:00 horas e pode participar toda a cidadanía. Se habilitará unha carpa.