Esta media maratón comezará ás 10:00 horas na Praza de España
Máis de 1.200 persoas participarán este domingo, día 14, na XXIX Carreira Popular “Memorial Adolfo Ros” que este ano ten como punto de saída e chegada a cidade ferrolán. Esta media maratón sairá ás 10:00 horas da Praza de España e descorrerá por diferentes concellos veciños.
Nesta vixésimo novena edición, os participantes percorrerán 21,097 quilómetros dando a volta á ría nunha carreira que descorrerá polos municipios de Ferrol, Neda, Fene e Narón. Posteriormente á saída da categoría absoluta, terá lugar a das categorías menores coa distancia dun quilómetro para os benxamíns, e dous para alevín e infantil. Así mesmo, as categorías de cadetes e xuvenís, percorrerá catro quilómetros a partir das 09:30 horas.
Ademais, e como novidade desta edición, realizarase de maneira paralela un máster de zumba e body combat na superficie da Praza de España. Esta actividade dará comezo ás 11:00 horas e pode participar toda a cidadanía. Se habilitará unha carpa.