Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

PRENSA: VOLTAARÍA.COM / Jueves, 4 Diciembre 2014 .- Presentada a 29º Carreira Adolfo Ros

 
 

Presentada a 29º Carreira Adolfo Ros

Esta proba sairá ás 10:00 horas da Praza de España e descorrerá polos concellos de Ferrol, Neda, Fene e Narón. Paralelamente, se realizará un máster de zumba e body combat na mesma praza

Instante da presentación | Concello de FerrolO alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, presentou esta mañá a XXIX Carreira Popular “Memorial Adolfo Ros” que se celebrará o vindeiro domingo 14 de decembro. O primeiro edil da cidade estivo acompañado do presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos Baz; da filla do homenaxeado, Sabela Ros; dos concelleiros de Deportes dos Concellos de Fene, Narón e Neda, Rocío Bértoa Puente, Natalia Hermida Rico e José M. Gradaille Pena, respectivamente; así como membros da Corporación Municipal de Ferrol.

Jose Manuel Rey destacou que esta proba “é unha das carreiras populares con máis tradición en Galicia, e un clásico no calendario de eventos deportivos de Ferrol e comarca”. O rexedor municipal sinalou que “Ferrol será este ano o centro deste gran evento que recorda a figura dun ferrolán comprometido co deporte e as boas causas”. Nesta vixésimo novena edición, os participantes percorrerán 21,097 quilómetros dando a volta á ría nunha carreira que descorrerá polos municipios de Ferrol, Neda, Fene e Narón. A día de hoxe, preto de 900 persoas xa están inscritas na XXIX Carreira Popular “Memorial Adolfo Rosa. Os interesados en participar poderán anotarse ata o vindeiro martes, día 9, na páxina web www.championchipnorte.com.

Actividade complementaria

Esta media maratón sairá ás 10:00 horas da Praza de España, sendo o mesmo punto o de chegada. Posteriormente á saída da categoría absoluta, terá lugar a das categorías menores coa distancia dun quilómetro para os benxamíns, e dous para alevín e infantil. Así mesmo, as categorías de cadetes e xuvenís, percorrerá catro quilómetros a partir das 09:30 horas. Ademais, como novidade desta edición, realizarase de maneira paralela un máster de zumba e body combat na superficie da Praza de España. Esta actividade ten previsto dar comezo ás 11:00 horas e pode participar toda a cidadanía.