Enviado por RIA el Mié, 12/03/2014 - 21:47
Actualidade do Atletismo Galego
Lolo Penas e Solange Pereira vencedores na XXXVIII Carreira Popular de San Martiño |
Disputouse unha nova edición da Carreira Popular de San Martiño, e van xa 38. As once da mañá, o ourensán Alejandro Fernández vencedor o ano pasado e que este ano por mor de unha lesión non pudo disputar a proba daba a saída a unha numerosisima carreira na que se misturan, como xa ven sendo habitual, os atletas federados cos populares. Finalmente, victoria para Lolo Penas con un tempo de 30.39. O atleta do New Balance fora o ano pasado segundo precisamente detrás do propio Alejandro. Completaron o podium Hassan Leikhili, a 5 segundos, e terceiro foi Carlos Villamor a 19 segundos. Nas mulleres, victoria para Solange Pereira (35.01) que refrenda así o seu bó estado de forma non só nas millas mais tamén en probas de maior distancia, seguida de Ester Navarrete a 13 segundos e Raquel Suarez Pedrosa, en terceira posición. Resultados
|