Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 14/10/2014 . AVISO LICENZAS 2014/15. A FGA estreará unha nova aplicación a partir do día 20

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
14/10/2014 . AVISO LICENZAS 2014/15. A FGA estreará unha nova aplicación a partir do día 20

A FGA informa que para a renovación de altas e baixas de atletas, xuices e adestradores a FGA estreará unha nova aplicación telemática que entrará en funcionamento o vindeiro luns dia 20, polo que rogamos aos interesados en esperar ata esa data. A normativa de licenzas publicarase nesta semana. Adiantamos que trala aprobación da Xunta de Goberno o pasado sábado os prezos das licenzas autonómicas non diferirán con respecto ao ano pasado, soamente as cuotas de licenzas independientes de atletas terán unha baixada de 133 euros a 60 euros. O resto de cuotas de licenzas autonómicas serán as mesmas que na presente tempada. Por outra parte informamos que a RFEA subiu os prezos das súas licenzas, estas cuotas poden consultarse na normativa de licenzas da RFEA e tamén na circular que publicará  a FGA.