Marta se reafirma e consigue nova marca persoal

No día de hoxe celebrouse o "Miting Internacional de Catalunya Pista Coberta" en Sabadell, onde Marta Pla Botella deleitounos, unha vez máis, na proba de 800ml reafirmando o bo estado de forma no que se atopa ao parar o crono en 2'10''77, o que supón nova marca persoal. Por outra parte, Irene Bonafonte tivo que abandonar nos 1500ml.

¡Noráboa Marta! 

 

Boa actuación da nosa canteira na festa galega de campo a través

A Pobra do Caramiñal convertiuse na festa galega de campo a través en categorías menores ao celebrar esta mañá o “Campionato Galego de Campo a Través” onde tivemos unha amplia representación dos nosos canteiráns obtendo os seguintes resultados:

Categoría sub10 masculina:

  • Martín Castiñeira de Castro finalizou en 27ª posición cun tempo de 4:06.
  • Daniel Fachal de Castro acabou en 46ª posición cun tempo de 4:26.

Categoría sub12 masculina (1,4km):

  • Hugo Veiguela Tizón conseguiu un 17º posto cun tempo de 5:33.
  • Arsenio Romero López acadou a 77ª posición cun tempo de 6:34.

Categoría sub12 feminina (1,4km):

  • Lara Fernández López rematou a proba en 2ª posición cun tempo de 5:34.
  • Carla Rioseco San José conseguiu o 3º posto cun tempo, tamén, de 5:34.
  • Noa Seoane Rubiños quedou en 5ª posición cun tempo de 5:35.
  • Adriana Sedes Montero finalizou no 19º posto cunha marca de 6:02.
  • Gala Fernández Castro alcanzou a 31ª posición cun rexistro de 6:12.
  • Claudia Garrido Gimeno cruzou a línea de meta en 61ª posición cun tempo de 6:32.
  • Manuela Baeza Rey fixo o mesmo en 94ª posición parando o crono en 7:10.

E, por equipos, a boa actuación de todas elas as levou ata a segunda posición.

Categoría sub14 masculina (1,8km aprox.):

  • Billy Delgado Días acadou a 55ª posición cun tempo de 7:49.
  • Bruno Castro Pereira finalizou no 81º posto cunha marca de 8:33.
  • Brais Troitiño Díaz conseguiu rematar a proba en 84ª posición cun rexistro de 8:57.

Categoría sub14 feminina (1,8km aprox.)

  • Irma Veiguela Tizón conseguiu o 6º posto cun tempo de 6:59.
  • Adriana Castiñeira de Castro quedou en 45ª posición realizando un tempo de 8:07.
  • Olga Sánchez Romar consegui a 65ª posición parando o crono en 8:28.

Categoría sub18 masculina (3,6km aprox.):

  • Ricardo Negrete Barrioluengo alcanzou o 4º posto cun tempo de 12:15.
  • Joel Novoa Gayoso acabou en 17ª posición empregando un tempo de 13:10.
  • Marcos Pérez Calvo alcanzou o 21 posto cun tempo de 13:20.
  • Diego Sánchez Aneiros acabou en 30ª posición cunha marca de 13:37.
  • Sergio Fernández Rafales rematou no 43º posto cun rexistro de 14:13.

Categoría sub18 feminina (3,6km aprox.):

  • Carolina Santos Villalón conseguiu o 2º posto cun tempo de 14:01.
  • Carmen Carrera Veiga quedou en 5ª posición cun tempo de 14:32.

¡Noráboa a tod@s!

Varias medallas autonómicas e mellores marcas persoais acadadas esta fin de semana

Comezamos a crónica desta fin de semana en Santander coa participación de Paula González na proba de 60mv da primeira Xornada do Campionato Absoluto de Inverno onde acadou unha  marca de 8’’85 en semifinais e 8’’70 na final.

En Salamanca celebrouse o “Control RFEA de 200ml” onde participou Talia Mara Perez Dambrauskas facendo un tempo de 24’’52, o que supón un novo recórd asturiano.

Adrián Rivadulla participou no “Control de inverno ao aire libre” celebrado en Pontevedra onde conseguiu unha marca de 2’06’’05 na proba de 800ml. Ademáis, esta misma localidade celebrou o “Campionato Galego de Lanzamentos longos” onde Xiana Lago Andrade conseguiu a medalla de prata en lanzamento de disco (1kg) cun lanzamento de 35m65. Por outra banda, Laura Rico Bouza conseguiu o 5º posto na proba de lanzamento de xavelina (600g) cunha marca de 32m45.

 

Entre o sábado e o domingo disputouse o "Control Inverno FGA Pista Cuberta" en Ourense onde estiveron dúas das nosas atletas.  Por un lado, Lia  Caride Arufe disputou os 200ml acadando un tempo de 28"72. Por outro, Antía Martínez Queimaño participou na proba de 60 metros valos parando o crono en 9"63.

De Ourense viaxamos ata Oviedo onde disputouse o “Control de Pista Cubierta” no que participou a nosa atleta Rocio Díaz Granda na proba de salto de altura onde conseguiu unha marca de 1.66m.

Dende alí, trasladámonos a Madrid onde celebrouse a “Reunión FAM 10” onde competiu Diana Jiménez Guerrero na proba de salto con pértega conseguido unha mellor marca persoal cunha marca de 3.66m.

Nos acercamos ata Ciudad Real para animar a outra das nosas balas vermellas. Celia Muñoz de Castro  participou no Campeonato Regional de Pruebas de Anillo de Castilla La Mancha na proba de 200ml onde conseguiría un bo 3er posto parando o crono en 26’’45.

Dende Ciudad Real subimos ata Sabadell para disfrutar do Campionat de Catalunya Absolut i sub23 en Pista Coberta onde estiveron catro atletas do noso clube. Laura Alonso da Costa competiu na proba de 400ml onde na semifinal mellorou a súa marca persoal correndo en 56’’12 e, non contenta con iso, na final conseguiu o 4º posto rebaixando a súa marca persoal máis todavía ata deixala en 55’’68. Ona Alonso Camps participou no 800ml conseguido un 6º posto e parando o crono en 2’18’’07. Elena Llobera Miro conseguiu subirse ao máis alto do pódium cun salto de 6.06m. Irene Bonafonte Pardas faría o mesmo que a súa compañeira, pero na proba de 1500ml, cruzando a línea de meta nun tempo de 4’24’’74.

¡Noráboa a tod@s!

Amplia representación do clube en varias competicións esta fin de semana.

"Campeonato Absoluto de Castilla y León de PC"

"Control RFEA 200ml"

Salamanca

Sábado 5 de febreiro de 2022

Este sábado dispútase o "Campeonato Absoluto de Castilla y León" onde contaremos coa participación de Paula González García na proba de  60ml. Ademáis, dentro do campionato, celébrase un "control RFEA de 200ml" oinde estará presente a nosa atleta Talia Mara Pérez Dambrauskas.

"XI Campionato Xunta de Galicia Inverno Absoluto de Lanzamentos Longos"

"Control Inverno FGA Aire Libre

Pontevedra

Sábado 5 de febreiro de 2022

En Pontevedra celébrase o "Campionato Galego de Lanzamentos Longos" onde teremos participación local da man das atletas Laura Rico Bouza na proba de xavelina Xiana Lago Andrade na proba de disco. Por outra parte, no control de inverno da FGA teremos ao noso atleta Adrián Rivadulla Alonso nas probas de 800ml.

"Control Inverno FGA Pista Cuberta"

Ourense

Sábado 5 de febreiro de 2022

O sábado pola tarde dispútase o "Control Inverno FGA PC" na pista cuberta de Ourense onde contaremos coa presenza de Antía Martínez Queimaño nos 60mv Lia Caride Arufe nos 200ml.

"XXVIII Campeonato de Cantabri Absoluto de Invierno"

Mañá, sábado día 5, celébrase a primeira xornada do Campionato Absoluto de Inverno en Cantabria onde estará na liña de saída Paula González García na proba de 60mv.

"Campionat de Catalunya Absolut i Sub23 en Pista Coberta"

Pista Coberta de Catalunya (Sabadell)

Sábado 5 de febreiro de 2022

Este sábado, tanto en xornada matinal como vespertina, celébrase o Campionato autonómico de Catalunya onde teremos competindo a catro das nosas atletas. Elena Llobera Miro saltará na proba de salto de lonxitude, na proba de 800ml contaremos con Ona Alonso Camps  Irene Bonafonte Pardas, quen tamén correrá a proba de 1500ml. E, por último, nos 400ml tomará a saída Laura Alonso da Costa.

"XLIX Campionato de Galicia sub18H - XLI sub18M - XV sub16 de Campo a Través"

"XXV Memorial “Alejandro Lorenzo” – Campionato Xunta de Galicia de Campo a Través de Menores"

A Pobra do Caramiñal

Domingo 6 de febreiro de 2022

A Pobra do Caramiñal albergará este domingo a cita autonómica de campo a través en categorías sub18, sub16 e inferiores onde o noso clube terá unha amplia representación. En categoría sub 18 masculino competirán Ricardo Negrete Barrioluenga, Joel Novoa Gayoso, Adrián Rivadulla Alonso, Marcos Pérez Calvo, Sergio Fernández Rafales Diego Sánchez Aneiros. En categoría sub18 feminina estarán Carolina Santos Villalón Carmen Carrera Veiga.  En categoría sub16 feminina competirá Aroa Amado Prieto.

Por outra banda, en categoría sub14 competirán Adriana Castiñeira de Castro, Irma Veiguela Tizón, Olga Sánchez Romar, Billy Delgado Díaz, Brais Troitiño Díaz Bruno Castro Pereira. En categoría sub12 teremos a máxima representación coa presenza de Noa Seoane Rubiños, Lara  Fernández López, Carla Rioseco San José, Gala Fernández Castro, Claudia Garrido Gimeno, Manuela Baeza Rey, Adriana Sedes Montero, Elena Pita-Romero Brage, Carolina Ramil López, Hugo Veiguela Tizón  e  Arsenio Romero López. E, por último, en categoría sub10 tomarán a saída Martín Castiñeira de Castro  e Daniel Fachal de Castro.

¡Moítisima sorte a tod@s @s nos@s atletas!

Irene Bonafonte estrease esta tempada recollendo o billete directo para o Campionato Nacional

Onte celebrouse o "Gran Premio Internacional de Pista Cubierta Ciudad de Valencia" onde tivemos unha boa representación vermella. Por un lado, Laura Alonso da Costa finalizou os 400ml nun tempo de 56.42s. Por outro, Marta Pla finalizou os 800ml en 2'12''48 e, por último,  Irene Bonafonte Pardas estreouse esta tempada, nin máis nin menos, facendo a mínima para o Campionato Nacional Absoluto ao acadar unha marca de 4'26''34 na proba de 1500ml. 

¡Noraboa ás nosas chicas!

Valencia celebra hoxe o "Gran Premio Internacional de Pista Cubierta"

"Gran Premio Internacional de Pista Cubierta Ciudad de Valencia"

Velódromo Luis Puig, Valencia

Mércores 2 de febreiro de 2022

Na tarde de hoxe terá lugar a celebración do "Gran Premio Internacional de Pista Cubierta Ciudad de Valencia" onde o noso clube estará representado da man de Marta Pla Botella na proba de 800ml, Irene Bonafonte Pardas que correrá os 1500ml e Laura Alonso da Costa que tomará a saída na proba de 400ml. ¡Moítisima sorte!

 

Crónica de fin de semana: Dous novas mínimas para campionatos nacionais.

A fin de semana competitiva comezou coa "II Xornada Copa Deputación de Lugo" cunha amplia participación da nosa canteira tanto ao aire libre como no módulo cuberto, onde conseguiron bos resultados nas diferentes probas disputadas.

Na proba de 60ml sub12 competiron Hugo Veiguela, Arsenio Romero Carolina Ramil conseguindo unha marca de 9.99s, 10.37s 10.57, respectivamente. Nos 60ml absoluto Ricardo Negrete pararía o crono en 8.03s. Na proba de salto de lonxitude participou Rosalinda Ogie voando ata os 4.28m. 

Por outro lado, nas probas disputadas ao aire libre a nosa atleta Xiana Lago lanzou o artefacto 28.28cm na proba de lanzamento de disco. En categoría sub12 tivemos a participación nos 500ml de Manuela Barza facendo unha marca de 1'48''31Carolina Ramil cun tempo de 1'54''33Hugo Veiguela rematando en 1'45''58 Arsenio Romero, quen cruzaría a línea de meta en 1'55'83. Na proba do km sub12 Noa Seoane e Alicia Jove finalizaron a proba cun rexistro de 3'41''97 e 3'43''24, respesctivamente. Na media volta á pista Adrían Rivadulla faría unha marca de 25.18s, Joel Novoa rexistrou un tempo de 26.27s, Alicia Barreiro fixo 26.67s, as irmás Lucía e María Blanco pararon o crono en 28.01s e 29.63s e Candela Ruiz faría o mesmo nun tempo de 31.39s. Nos 300ml tomaron a saída Aroa Amado realizou un tempo de 48.17sAldara Ruiz quedaría preto da súa compañeira cun tempo de 48.30sDesiré Manso acabou en 49.15s e Noa Grandal consegui rematar en 52.10s. E, nos 1500ml, participaron Joel Novoa Marcos Pérez parando o crono en 4'37''59 4'59''77, respectivamente.